Emprego, economía e industria
may 20
O Concello de Cabana, a pesar das numerosas actividades realizadas e o gran volume de inversión, caracterízase por presentar unha situación económica excelente, segundo o informe emitido pola Deputación de A Coruña. Esta excelencia económica fainos estar especialmente satisfeitos e orgullosos da labor feita nestes últimos anos polo goberno do Partido Popular. Ademáis sírvenos para afrontar con tranquilidade estes próximos catro anos que seguramente serán difícil no que a economía se refire.
Como candidato á Alcaldía de Cabana teño claro que a creación de emprego é o único valor que nos pode permitir que o Concello avance e asente poboación no medio rural. Para a creación de emprego non basta únicamente coa creación dun polígono industrial, senón que ademáis é necesario a captación de empresas e inversores foráneos con potencia económica suficiente como para dinamizar unha bisbarra. Neso levamos traballando catro anos e seguiremos facéndoo nestes próximos catro, tendo en conta os avances xa realizados para empezar coa construcción do polígono na seguinte lexislatura. Este proxecto supón un motor ilusionante para min e para todo o grupo popular, por eso traballaremos arreo para sacalo adiante.
CABANÍZATE!!!!